Opinión

A ceguera dos merengues

Estou alucinado co asunto de Benzema. Faime graza que a xente empece a descubrir agora a Benzema. Ata os propios periodistas deportivos, que se entende que son uns profesionais, uns especialistas na materia deixen escapar agora ríos de tinta sobre o xogador francés. Cando desde o primeiro momento (si, desde que chegou ó Real Madrid), foi o mellor xogador que tivo. Para un servidor, por enriba do Modric e por enriba do Cristiano Ronaldo. E dío un servidor que é antimadridista. Non valía que lle explicaras ós fanáticos merengues de que Benzema non é un goleador (para iso tiñan ó portugués), de que é un xogador completo, técnico, inmenso, alucinante, cunha clase que este antimadridista levaba tempo sen ver. Prometo que non me estou subindo ó carro do seu momento actual. Teño ó fillo de testemuña, ó que lle predicaba ó oído unha e outra vez que Karim Benzema era e é o mellor xogador que tivestes e que tedes. Ó oído porque, no café, se te oía alguén ata te podía mirar de mala maneira. Porque non marcaba goles. Agora si, agora coma  leva unha boa racha de goles, xa “case” é mellor có Cristiano Ronaldo. Este é certo que é un goleador nato, pero no Madrid marcou moitos grazas ás marabillas de Benzema. Triste que un antimadridista lle abra os ollos ós merengues.

Te puede interesar