Opinión

A estrada do infinito

Corrín, corrín, corrín pola estrada que me levaba ó infinito, pero non había maneira, non avanzaba nada. Semellaba un sapoconcho en sosego. Non sei se era porque a nugalla era moita ou porque realmente non podía, non sabía correr. Algo tamén contaba o saber que, por moito que correse, non chegaría nunca. A ver... o infinito! O infinito nunca ten fin. Penso eu. Aínda que tamén é verdade que a cazurro non me gana ninguén. E por iso seguía correndo. Pola estrada do infinito. Ou a Nacional sen número. Que número se lle pode poñer a algo infinito? Dicía que pensaba que non avanzaba, pero, en principio, acababa de adiantar precisamente a unha tartaruga que atopei pola beira esquerda da estrada. E un pouco máis adiante conseguín adiantar, superar a un lagarto, e iso que corría coma un condenado. Certo, axiña cansou e meteuse entre dúas pedras que formaban o marco dunha finca. Fago unha paréntese, ou mellor dito, sento un pouco nunha desas pedras para analizar se me atoparei cos malditos marcos por todo o percorrido, sendo este infinito. De todos é sabido que o asunto dos marcos ten o seu aquel. Feita a paréntese, o descanso, póñome de novo ó camiño porque a cousa vai para botar a barba a remollo. Tamén penso en que se me cuartearán os pés. Non obstante, sei que aguantarei coma un heroe.

Te puede interesar