Opinión

A realidade pura e dura

Anda por aí un persoeiro político (non digo o nome porque despois rífanme) dicindo que as colleitas agrícolas incrementáronse á pesar dos reveses climáticos. E asegura que a pataca e a castaña aumentaron. Pode que si. Pero non di nada dos produtos que levou a xeada, primeiro, e, logo, a pedra. Nin di nada das vacas que empezan a ser sacrificadas porque non teñen que beber. Como mellor se entendo o asunto é poñendo exemplos. Fálolle das uvas. Porque as traballo. E paso a darlle uns datos a ese persoeiro que os pode consultar perfectamente no Consello Regulador do Ribeiro, para que vexa que nin esaxero nin uso o viticismo. Póñolle aquí (e no Consello) a realidade pura e dura. O ano pasado collín 683 cestos de xerez; este ano, 230. O ano pasado collín 156 caixas (levan o mesmo cos cestos) de godello; este ano, 41. O ano pasado collín 112 caixas de torrontés; este ano, 20 xustas. O ano pasado collín en total 951 (entre cestos e caixas); este ano, 291. Señor persoeiro político: algunhas colleitas agrícolas baixaron “que nin diola”, como diría aquel.

Te puede interesar