Opinión

Alegación censurada

Ricardo Muñoz Suay dixo no seu momento que “con O verdugo, Luis García Berlanga logrou a súa mellor obra, e probablemente a máis importante e significativa da cinematografía española. A intervención decisiva de Rafael Azcona no argumento acadou un guión modélico non só en canto á construción, senón ó seu contido, máis transcendental que noutras ocasións. Por outra parte, o estilo tremendista, o humor negro, fraguou, e o filme, a maiores de ser unha alegación contra a pena de morte, é, sobre todo e en especial, unha testemuña de cómo o home contemporáneo acaba cedendo ós acontecementos sociais, que neste caso levan ó seu protagonista a exercer, sen contemplacións, o asasinato legal”.

O filme presentouse en Venecia en 1963, cando Franco acababa de ordenar o fusilamento do comunista Julián Grimau e a execución por garrote vil dos anarquistas Francisco Granado e Joaquóin Delgado. Precisamente o Caudillo era entón coñecido no mundo como “o verdugo”, alcume que cobrou actualidade coas protestas internacionais ante ditas execucións. De feito, a Berlanga e ó equipo da película recibíronnos a pedradas anarquistas italia- nos que pensaban que, con ese título, o filme era unha apoloxía de Franco. Contrariamente, as autoridades españolas entende- ron O verdugo como “a película máis antipatriótica e antiespañola que se vira xamais”, a pesar do seu inocente aspecto de comedia. Quixeron incluso impedir a súa proxección no festival. O embaixador en Roma, Alfredo Sánchez Bella, que anos despois sería ministro de Información e Turismo, fixo canto puido para prohibila.

En España sufriu bastantes cortes de censura. Por exemplo, cortaron as veces que o protagonista falaba de irse a Alemaña, e suprimiron o ruído que facían os ferros do garrote dentro do maletín do verdugo; tamén cortaron a escena en que os funcio- narios de prisións preparan o garrote. Por se fora pouco, Berlanga soubo anos despois que un exhibidor tivo que quitar a película do seu cine por presións das autoridades. Así se explica que estivera só dúas semanas en cartel. 

Te puede interesar