Opinión

Animal de costumes

Odía que queira outra cousa, mándoche un correo electrónico ou bérroche desde a Finca Fierro”, díxenlle ó camareiro que me puxo o café sobre a mesa. Porque, ó entrar, e mentres me sentaba, quedou mirando para min desde a cafeteira para que lle confirmase se quería café. Eu sempre quero café! Son animal de costumes. Nin auga, nin refrescos nin zumes; son abstemio. Así tamén teño a vantaxe de que, en moitas cafetarías, xusto ó verme entrar pola porta, xa van directos á cafeteira para facerme o café, e non perdo o tempo pedindo ou esperando a que me atendan. Son animal de costumes. Ergo da cama. Vou traballar. Xanto. Fago algo (sexa traballo, sexa lectura). Paseíño pola Valenzá para ler algún xornal máis na biblioteca. Ceo. Escribo. Película. E cama. Así todos os días. O dito: animal de costumes. Políticamente incorrecto.

Outros dirían que torto. Futbolisticamente torto. Outros dirían que incorrecto. E sabendo como saben que, antigamente, moi antigamente, o meu gusto era o apropiado para eles, para eses que agora me acusan de torto. Animal de costumes. Ou escribo nos pequenos paniños de papel das cafetarías (cando me coincide escribir neses lugares), ou escribo no portátil na casa (cando o fago logo de cear, que cada vez é máis a miúdo). Porque, agora, nas cafetarías, xa non boto tanto tempo como botaba.

Te puede interesar