Opinión

Baixo a sombra dos ameiros

Logo dunha volta e dúas reviravoltas asento o meu corpo cansado sobre a varanda da rúa Ansuíña e deixo que a sombra dos amieiros da marxe dereita do río Arnoia me alivie un pouco a suor que se me pega á camisa, á pel. Contemplo a ponte e, ó mesmo tempo, furgan os pensamentos sobre o mundial de fútbol, chegando á conclusión de que non é necesario que compita xa España para seguir gozando coma un anano cos partidos.

O último, o de Inglaterra-Croacia. Que heroes, que coraxudos os croatas! Tres prórrogas seguidas e aí están: na gran final. Non sei, pero dáme como unha palpitación de que o domingo haberá prórroga. Contemplo a entrada no parque Ansuíña e xusto a uns dous metros vexo como pousa sobre o verde céspede unha fermosa rula que, por un casual, me mira, aínda que axiña peitea buscando quizais un recordo ou un sustento. Eu tan só sorrío e deixo que a miña imaxinación busque os niños nos que ela asente alí a súa felicidade. Hai rulas que se lles nota ás leguas que son felices. Baixo a sombra dos amieiros chanto a vista nas augas mansas do río Arnoia e axiña vexo que polo río abaixo vai unha troita de pé, quen a puidera coller. Prefiro a rula. Que vexo que me volve mirar. Sorrío

Te puede interesar