Opinión

Bebelas coma o caldo

O pai está a berrarlle, pero o rapaz non lle fai ningún caso, non se dá por aludido. O rapaz responde ó nome de Ramón Protector Adivino, e todos lle chaman O Adivino. E non porque sexa o seu apelido, senón porque seica adiviña bastante as cousas, principalmente as noticias, as noticias políticas. “Adivino, que vai pasar mañá no Parlamento?”, pregúntanlle cada dous por tres, e el contesta cun rotundo “o de sempre, ou sexa, que van discutir moito e non acordar nada”. Efectivamente, nada se acordou porque o país vai a peor. “Este mamón bébeas coma o caldo”, rosma o seu pai, porque segue a mostrarse indiferente. Ramón Protector Adivino atende á televisión e memoriza as novas dos telexornais, para así estar máis ou menos ó día con todo o que acontece no noso país e, como non, para presumir logo ante os seus veciños. Aínda que non adiviñe todo, é certo que está “ó loro” dos asuntos políticos. “Bébelas coma o caldo”, bérralle o pai. E xa o dá por imposible. Normal, O Adivino nin caso.

Te puede interesar