Opinión

O birlibirloque dun suspiro

Xa sabía eu que o birlibirloque dun suspiro consistía nun aaaiiiii prolongado, lento, calmoso, pausado. Ten que ser así, pianiño, como se fora ó ralentí. E que ninguén confunda a expresión aaaiiiii cun lamento, cunha queixa, cun laio. A dor sae de súpeto e, a poder ser, case a grito pelado. Ai! Así. Iso si é un laio. E, vedes?, co signo de exclamación, para que lle dea máis forza, máis consistencia, máis secamente. Ai! Feita a diferenza, hoxe toca o aaaiiiii, o suspiro. Á parte de estar preñado co birlibirloque da lentitude, o suspiro adoita cabalgar polo esperpento do poema. É que hai poemas que os recitas rapidamente (como un ai!) e están aqueles que os destripas, que os descompós lentamente, versos a verso (como un aaaiiiii), que incluso se volven ler unha e outra vez. Tamén o suspiro volve ó peito cando o estilo do poema vai máis alá dos versos escritos. Non sei se me expliquei. Ai! (de súpeto). Aaaiiiii (con lentitude). Queixa. Suspiro.

Te puede interesar