Opinión

Busca desesperada

Ata o ano 2004 tan só unha película peruana, “Na boca do lobo”, de Francisco Lombardi, permitírase unha reflexión sobre os atroces anos do terrorismo que asolou o Perú; de aí que unha película como “Días de Santiago” (2004) deba verse case como unha absoluta novidade. Narración do día a día dun soldado licenciado, que pasou polo inferno da guerra contra a guerrilla de Sendero Luminoso, polo conflito con Ecuador e a loita contra o narcotráfico. O filme, ópera prima de Josué Méndez, conta, en ocasións, cunha vontade moi detallada, pero noutras de maneira un tanto desordenada, os problemas do Santiago do título para reintegrarse na vida cotiá.

Cun ritmo constante, que vai dando conta do progresivo trastorno do seu protagonista, “Días de Santiago” acaba resultando unha especie de “Taxi Driver” á limeña, ou sexa, a busca desesperada dun veterano de guerra do seu propio destino. Contén abundantes datos contextuais que axudan a súa fácil comprensión incluso para un público afastado do tema, e en xeral, pódese ver como o intento de amosar a perturbación humana case desde a óptica dun etólogo, sen mesturarse co personaxe, pero ó tempo, e iso resulta considerablemente difícil de lograr, tendo para con el a necesaria comprensión como para que non semelle necesariamente só un tolo. Así mesmo, amosa a inclemente, a crueldade radiografía dos sectores máis desfavorecidos da poboación, polo que se aprecia un retrato terrible que non deixa. a ninguén indiferente.

Santiago Román, o protagonista, representa a unha xeración enganada que perdeu a súa xuventude no campa de batalla e volveu a unha sociedade incapaz de ofrecerlle unha posición digna. Deuno todo por protexela e onde o sistema que prepara ós seus fillos para a guerra, agora abandónaos e déixaos a un lado unha vez alcanzada a paz. 

“Días de Santiago” é a historia dun home na busca da orde, do equilibro e da harmonía nun mundo caótico. A película participou en diversos festivais cinematográficos con grandes éxitos. Normal, é un bo filme.

Te puede interesar