Opinión

Buscando o teto da vaca

Empezan a asomar nos xornais as competencias, distribucións e dedicacións exclusivas dos concellos e Deputacións tras as eleccións. É aquí cando te dás conta de que, agora, é normal que a maioría dos mortais se queiran meter en política. Agora case ou sen case todos os concelleiros  dos partidos que gobernan teñen dedicacións exclusivas, é dicir, que cobran. De aí que, cada vez, aparezan ou se crean partidos a esgalla. A ver se lle atopamos o teto á vaca. De aí que, a pesar de todos os medios que existen hoxe para publicitar o que sexa, sigan indo porta por porta para acadar o voto. Co paso do tempo ata pode ser un bo negocio. É un bo negocio. Demasiado bo negocio. Tamén sigo opinando que a maioría destas dedicacións exclusivas son de escaparate, ou sexa, que cobran por non facer case nada. Levamos unha marcha que non me estrañaría nada que pasados uns anos os que tiveron dedicacións exclusiva se poidan retirar con pensións vitalicias. Polo que, ó final, entre as vitalicias e as exclusivas teremos que buscar máis tetos polos que poidan mamar. Non había moito, nos concellos, cobraba o alcalde, e grazas. Agora, que os concellos van a menos, cobra o alcalde, o tenente alcalde (ou tenentes alcaldes) e varios concelleiros do partido que goberna, claro.

Te puede interesar