Opinión

Da carallada a idiotez

Deixo que Simon & Garfunkel me enchan de melancolía para, con esta, poder derrotar ás grandes ideas que esbardallan os de Vox. Agora din que Feijóo é nacionalista. Si, o noso presidente da Xunta, o noso Núñez Feijóo. É que me parto! Tamén din que en Galicia non hai un só cartel en castelán. Mira que son burros! Nin tan sequera saben ler! É verdade iso de que non costa nada botar a lingua a pacer. Os de Vox bótana a diario. Que digo!; cada pouco.

Deixo que o sol asome pola ventá e dou a orde para que os meus dedos  sigan dálle que dálle ás teclas do ordenador para poder rematar canto antes e así saír á rúa, pois estase mellor fóra que dentro das casas, Agora a que está nas redes sociais é a rotonda de Xinzo. Seica está a facerse viral e a xente semella que empeza a peregrinar cara á súa localización. Está visto que, para moitos, da carallada á idiotez, do boureo ó disparate vai tan só un paso, ou neste caso mellor aínda unha aceleración. A ver, está ben que a declaración do paisaniño de a ver quen puxera alí a rotonda causara bastante mofa (eu mesmo lle dediquei tamén unhas palabras), pero de aí a ir contemplala, xa, para un servidor, se sae de castaño escuro. Ó final hai que chegar á conclusión de que non temos moito que facer. E cando isto sucede matamos o tempo ou a nugalla con trapalladiñas que nos deixan a un moi baixo nivel.

Deixo que o nacionalismo de Feijóo sexa a rotonda dos de Vox e que tanto aquel coma estes se accidenten, politicamente falando.

Te puede interesar