Opinión

Dos rutas turísticas

Sempre pensei que me sentiría divinamente sentado nunha nube de algodón. Pero para subir a ela foi como facer camiño ata o monte Calvario. Cheguei canso, claro. Porque xa me cansara hai ben anos cando realizara a ruta da cruz, é dicir, a ruta de Xesucristo coa cruz ó lombo. Eu fixera o mesmo: cargara coa cruz, cunha cruz de madeira de carballo (que non é o mesmo que se fora de piñeiro, por exemplo) e fixen todos os vía crucis do Noso Señor, os que marca a biblia, creo. A maiores de chegar cos ombreiros todo esfolados e practicamente en carne viva (porque a dor era tanta que tiña que cambiar dun ombreiro para o outro), ó final do camiño non sentía as pernas. Agora entendo o de Sylvester Stallone para interpretar a Rambo: tivo que realizar a mesma ruta turística. Ser será turística, pero é ben fodida.

Digo que subín á nube de algodón para sentar nela e contemplar o panorama. Pouco puiden axexar, guichar (outra nube gris ó lonxe, unha nave espacial fungando, unha estrela fugaz caendo e un avión de pasaxeiros que, estes, non crían o que estaban vendo) porque a canseira era tal que só se me pechaban os ollos. Non obstante, con forza, con consistencia, con vontade empreguei o meu tempo vixiando o espazo sideral e tramando algunha ruta turística semellante á do monte Calvario. Hai que ser sufridos!

Te puede interesar