Opinión

Erros de antes, erros de agora

Ás veces parece mentira que hoxe en día a prensa sega cometendo erros en plan de localizacións ou de nomeamentos e a pesar de contar coa Internet, coa que cun simple clic de rato descobres todo un mundo. Poño un exemplo, moitos seguen metendo a pata dicindo que Os Milagres pertence a Maceda. E xa non quero dicir nada dos nomes de aldeas que aparecen nos medios (Miamán por Meamán ou Nocedo por Nocelo).

Pois ben, no marzo de 1893 asomou unha noticia que dicía que nas proximidades de Baños de Molgas apareceu afogado no río Arnoia un veciño do pobo da Granxa. Crese que ó pasar a ponte de madeira que hai sobre dito río, no camiño de Vigueses (Vixueses) a Tioira, arrastrouna a corrente.

O gran erro está no río Arnoia, xa que para ir dunha destas aldeas á outra pasarías, en tal caso, polo río Tioira ou polo río Covelo (dependendo de onde estea esa ponte, eu persoalmente non coñezo ese camiño); o Covelo desemboca no Tioira e este si o fai no Arnoia. De todas formas, entendo ese erro, pois en 1893 collerías a referencia do río máis importante da zona e, ale, alá polo Arnoia. Por certo, xa é o segundo afogamento que atopo nas noticias antigas na contorna de Baños de Molgas.

Te puede interesar