Opinión

A fervenza de augacaída

A Semana Santa dá para moito. E estou a referirme tan só a eses catro últimos días, os dous festivos  e a fin de semana. Eses días deron para practicar a nugalla e a lectura (xoves en venres); para usar a mellor terapia que existe para vencer ó estrés, indo á leña o sábado; e para facer turismo a tarde do domingo de Pascua. Turismo á fervenza de Augacaída, na parroquia de Vilar de Ortelle, concello de Pantón. A verdade é que lle tiña ganas. Xa intentaramos ir unha vez, pero non atinaramos dela.

Este domingo pasado, baixo outras indicacións, a muller e máis eu iniciamos a aventura. Sabía algo do seu perigo no seu tramo final. Incluso lera que unha corda servía de apoio para a baixada. Aseguro que, hoxe, coa humidade existente nunha parte do tramo, hai o risco de dar co cu no chan. A baixada é realmente bonita e a catarata, impresionante. E nestas datas, o volume da auga fai aínda máis espectacular a paisaxe para as fotos. Houbo fotos, claro. Remato cun hip, hip, hurra! pola miña muller porque, estando como está, atreveuse á baixada e, no caso dela, á subida. Cumpriu como unha heroína. Ela mesmo confesou despois que mereceu a pena. Preciosa fervenza!

Te puede interesar