Opinión

Fun polo vento e vin polo aire

Fn polo vento e vin polo aire. Non me movín do sitio. Pero hai veces que me gusta dicir o que non é, o que non hai, o que non existe. Gústame esbardallar. Aínda que cometa erros. Podo cometer un erro dicindo que me cheira mal o asunto dos espías rusos en Cataluña. Que esa noticia saia agora, precisamente agora; repito, chéirame mal. Podo ter o olfacto escarallado, pero aínda así, a miña cabeza traballa moito, bulebule. Fun polo vento e vin polo aire. Fun con Juan Luis Guerra e mentres fixen uns recados vin con Neil Young. Poida que a partir de xa! teñamos comunistas ata na sopa. Ó mellor é para desviar a atención. Ó mellor erro. Porque xa digo que, por veces, gústame dicir o que non é. Pero... aí queda a cousa.

Fun polo vento e vin polo aire. Fun atender ó xuízo dos ERE e vin coa sentenza sobre os meus ombreiros. Seica foi moi dura a sentenza. E a min pésame a ineficacia da xustiza. Certo, o que realmente pesa é a perda deses 680 millóns de euros... que pagamos todos. E din que foi dura... Había de ser eu o xuíz; automaticamente facía tamén de verdugo. No noso país xa se sabe que a xustiza é unha comedia, un esperpento, unha carallada. Porque os do ERE foron condenados coma de risa, pero é que aínda hai moitos corruptos, moitas caixas B e moitos bancos que andan coma Pedro pola súa casa. Claro que mentres o españoliño de a pé siga de pasmón... Fun polo vento e vin polo aire. Non me fagades moito caso. Case sempre me gusta baduar ou lanzar as campás pero sen badalo.

Te puede interesar