Opinión

Moitas máis horas!

Dúas noites sen ver ningunha película. Non pode ser! Semella que non son eu. Canto sufro, por Deus! Auténtica paixón polo cine. E polo fútbol. E polos libros. E pola música. E pola tinta que deixo caer sobre un papel branco ou cuadriculado. En todo un día consigo facer todo iso. Pero se por calquera motivo me falla algún... é coma se se acabara o mundo. Xa sei que non se acaba. Pero sinto que se acaba. Cada vez estou máis convencido de que os días deberían ter máis de 24 horas. Moitas máis! A ver se así conseguía ocupalas todas. E sen durmir. Para que quero durmir! É tempo perdido! Menos mal que xa durmo pouco. Hoxe ten que rebentar definitivamente o mundo para que eu non vexa unha película. Hoxe si teño unhas cantas para ver. Teño onde escoller. Certo, só verei unha. Realmente é a única que teño sen ver, xa que todas as outras as vin, algunhas incluso varias veces. Resumindo, que estou contento. Porque hoxe, por fin!, vou ver unha película.

Te puede interesar