Opinión

Non me importa berrar

Segue o mal tempo. Segue o mal político. Hoxe toca cantar o “Cara el sol”. Aínda que doa. Non temos conciencia. E cando nos decatemos do erro, ó mellor xa é tarde. Se isto acontece, espero chegar axiña a Portugal. Segue o mal tempo. O parasol dunha terraza bambéase ó vento. Hoxe foi unha gozada realizar o traxecto de Ourense ata Maceda. Sen practicamente tráfico. Vía libre como a de Vox. É o San Martiño en Ourense. E en Barbadás. E en San Cibrao das Viñas, ou sexa, no Polígono; sen tráfico, sen colas, sen camións. Segue o mal tempo. Pero teño que pasar o día como sexa. Que vai ser lendo, claro. Pois xa estou farto de ir ós cogomelos. Semella que aparecen uns raios solares. A ver se se mantiveran. Teño que rematar axiña o Pingas para subir ata o toural e, alí, dálle que dálle ós “Tempos recios”, de Mario Vargas Llosa. Antes hai que pasar polo caixeiro. Sen cartos non se vive, nunca se viviu. Segue o mal tempo. Aínda que asoma un respiro polo ceo  do val do Medo. Os meus acadaron de novo representación en Madrid. A ver se se nos escoita dunha vez. Galicia tamén existe. E aínda que lle pese a moitos galegos, á maioría dos galegos. Porque tampouco temos moita conciencia que digamos. Quizais porque temos tan asumido o asoballamento que non nos sabemos erguer. Non sabemos berrar. Como moito, asubiamos para non alporizar o galiñeiro. Aínda que a min non me importa berrar ata esgazar a gorxa. E berro por Galicia. E berro pola miña terra. Marcho ler antes de que...

Te puede interesar