Notable traballo

Brillante xogo de espellos é o que nos formula Ingrid Bergman en “O rostro” (1958), una película na que o autor sueco volve reflexionar sobre temas habituais na súa obra, como a verdade, a morte, as máscaras sociais ou a relación entre sexos.

Mediados do século XIX. Un misterioso mago (Max Von Sydow) viaxa coa súa pequena compañía teatral polo país sueco. Cando chegan a unha pequena poboación, os poderes fácticos da localidade quererán poñer a proba os presuntos poderes do ilusionista e organizarán un experimento público. A noite pasarana no fogar dun dos seus verificadores.

Película coral con influencia expresionista, na que o autor crea complexas conxecturas intelectuais asentadas no dilema da aparencia, a verdade e o equívoco, unha aparencia condicionante das composturas dun mesmo e dos que o arrodean. O vago e variable rostro da morte, do amor, da vida, do desexo, do coñecemento, da familia, do medo, do individuo... amosado nun sedutor percorrido nocturno repleto de idas e voltas, encontros e confrontacións de  criterios. O dominio expresivo das sombras e a luz, a capacidade alegórica e imaxinaria do director e guionista sueco, as soberbias interpretacións de todos os seus protagonistas e o enrarecido clima con reminiscencias góticas confeccionan unha hipotética historia de solucións enigmáticas, moi proias do autor.

Cunha atmosfera tenebrosa que nos remite ó expresionismo alemán, “O rostro” alterna momentos achegados ó relato gótico con outros nos que se interna sen ningún tipo de recato na comedia licenciosa. Os seus coqueteos co xénero fantástico emparéntano con “A carreta fantasma” (1921), de Victor Sjöström, unha das obras mestras do cine mudo á que se homenaxea en algúns momentos.

Ingrid Bergman tamén afonda na importancia que adquiren as máscaras, nun sentido metafórico, claro, como medio para que o artista sexa tomado en serio polo seu público. A posta en escena converte a “O rostro” nun máis que notable traballo dentro da extensa filmografía do gran director sueco.