Opinión

O tempo intruso

Frío no recanto dunha habitación escura e soidade na cabeza dun alfinete. Intención de correr para o final do camiño, pero nin tan sequera inicie a saída. Quizais non inicie nunca a saída. Para que? Se ó final, chegue a onde chegue, teño que parar. E a vida non se detén nunca. Os latexos seguen dálle que dálle para marcar o ritmo dun corazón que intúe que está aí a súa fin. Pero hai esperanzas que te levan máis alá dunha idade indeterminada. Quen dixo medo, lle dixo o entendemento ó raciocinio. Frío na ala dereita dun anxo e baile erótico na punta dunha aguillada. Masco a realidade dunha ollada que quere atravesar a conciencia dun sapo, cando finalmente me atopo cunha bolboreta que se pousa no meu xeonllo esquerdo. Quero enterrar unha loucura que asoma por entre as tapias dun cemiterio e ó mesmo tempo bailar sobre a cruz dunha crucifixión que se escribiu na lápida dun nicho de cor negra. Hai demencias que se escriben nun papel para que os espíritos dun manicomio consigan ler a veracidade dunha vida que puido ser, pero que quedou afogada nun tempo intruso. O tempo intruso que quedou flotando entre os pensamentos duns versos mal escritos e os sentimentos dunha parodia teatral.

Te puede interesar