Opinión

A opción dos pobres!

Son antimadridista. O que significa que, máis ou menos, queira que gane o Barcelona. Pois non! E moito menos na Copa do Rei. Porque para este molgués que escribe, a Copa do Rei de fútbol é a opción dos pobres. De aí que no partido Barça-Real Sociedad quería que ganasen os donostiarras. Porque se presumía que era o equipo modesto en comparación co catalán. Presumíase e é, claro; iso aínda que houbese vencido. Na Copa do Rei sempre serei dos modestos. A non ser que haxa equipos galegos. Na Liga quero que gane sempre o Barcelona (menos contra os galegos) para amolar ós do Madrid. E porque, ademais, de que vale que o Bilbao (outro exemplo) lle gane ó Barça, se no seguinte partido, ó mellor, perde có Granada ou có Osasuna. Por iso me gusta tanto a Copa. Porque aquí non hai Barça nin Madrid nin rabo de gaitas. Aquí hai a opción de que un pobre, un modestiño chegue á final e incluso pode que erga o trofeo ata o infinito e máis alá. Se non pode ser o Celta... hala, Alavés!

Te puede interesar