Opinión

Os latexos dun morto

Que difícil é escoitar os latexos do corazón dun morto. É como escoitar a Gioachino Rossini sen auriculares ou como buscar a Plutón a simple vista. É como intentar asimilar como Sergio Busquets non está na lista dos 30 nomeados ó Balón de Ouro. Por exemplo, sempre sentín debilidade por Ivan Rakitic, pero vendo a función dun e do outro, non entendo por que Rakitic está e Busquets non, por moito que aquel fose subcampión do mundo. Puxen ó croata de exemplo (podía poñer a Varane ou a Lloris), porque é ó que mellor coñezo e porque me encanta. Pero non me importa confesar que para ese premio metería antes ó seu compañeiro Busquets. Non o entendo e si o entendo. Entendo que os premios, principalmente os grandes premios que xeran moito bombo, moita publicidade, en resumo, moitos cartos teñen o seu aquel que está fóra do noso alcance. Pasou con Xavi, pasou con Iniesta, pasou con Raúl, pasou con tantos que... é igual, ós que nos gusta o fútbol, danos o mesmo; o caso é que non lesionen a Busquets para poder seguir véndoo xogar. É tan bo que ata el mesmo xa ten asimilado que os premios, para el, nin palla nin grao. Que difícil é escoitar os latexos dun morto, ou o que é o mesmo, de France Football.

Te puede interesar