Opinión

A personalidade dun individuo

Xa sei que é caer na redundancia, pero o tema dos árbitros é algo que me impresiona bastante, por ser os grandes sacrificados, os grandes “energúmenos” do deporte en xeral. Amais, no trato que se lles dá ós árbitros é onde se aprecia tamén a personalidade dun individuo. E se o árbitro é un neno de dezaseis anos? Como se cualificaría a un individuo que ataca a un neno de dezaseis anos? Aconteceu en León, nun partido de prebenxamíns (nenos de seis e sete anos), cando o pai dun dos nenos do equipo do Bosco B agrediu a un árbitro de tan só dezaseis anos. Non caeu na conta de que, ó mellor, dentro de dez anos o seu fillo pode arbitrar un partido. O rapaz tivo que ser hospitalizado. E se non chegaba con esa ruindade, un segundo individuo inmobilizou á vítima para que “o valente” zoupase a gusto, a un neno que podía ser seu fillo. É normal entón que me repita no tema arbitral.

Te puede interesar