Opinión

Por tentativa de asasinato

Cando nos queren buscar as cóxegas ou triparnos o rabo, ás veces revolvémonos de mala maneira e despois pasa o que pasa. E se non que llo pregunten ó ex alcalde de Baños de Molgas, Don Francisco Merino, que alá, polo novembro do ano 1889 (xa caeron unhas cantas treboadas), tivo que presentarse na Sala primeira da Audiencia de Ourense, para a celebración da vista en xuízo oral da causa instruída polo Xulgado de Allariz por tentativa de asasinato do cura párroco daquela freguesía. A noticia dun xornal galego aclara que por enfermidade do avogado defensor señor Taboada dirixe a práctica das probas o letrado señor Nieto. E o ministerio público está representado polo tenente fiscal daquela Audiencia. E aquí remata a crónica. Por moito que fochiquei, non conseguín verificar nada máis; polo que deixo na imaxinación do respectable que le isto que busque os motivos polos que un… certo personaxe, quixo cometer tal barrabasada. Claro que, naqueles tempos, axiña se chegaba ás mans; ó mellor por unha simple mexericada, por unha ollada de esguello, por exemplo, de calquera veciño. E xa se sabe que o que ten o poder ten máis facilidades de coller a xustiza pola man

Te puede interesar