Opinión

Quen entende as matemáticas?

Quen entende as matemáticas ou a física? Os do PP de Ourense non as entenden. Como pode ser positivo algo negativo? O AVE retrásase, repito, retrásase, é dicir, réstase un ano. Os do Partido Popular din que é positivo. Se restamos un ano, aí creo que botamos man das matemáticas... sumar, restar, multiplicar e dividir, non si? Se o polo positivo é o mesmo có negativo ou viceversa, non sei, eu moito non entendo (non volvín estudar máis desde a época dos Milagres), pero aí creo que entra a física. Entón, outra vez: quen entende as matemáticas ou a física? Se a resta suma, e como se adoita dicir: que baixe Deus e nolo explique.

Eu non o entendo. A ver sé é porque somos de Ourense? Aquí, ós de Ourense, sempre nos deron por aquel sitio. E como nos deron sempre, xa estamos tan acostumados, que seguimos querendo que nos dean máis. Se é así, dámoslle logo a razón incluso ó que nos refrega unha operación matemática falsa ou ó que nos escofa unha fórmula física imposible.

Te puede interesar