Opinión

Río de emocións

Son un sentimental. E coa idade, cada vez son máis sentimental. Axiña me emociono. Acabo de facelo vendo o partido de baloncesto feminino entre España e Francia. Vendo a final do Eurobasket. Emocioneime, por suposto, no remate do mesmo. Xa incluso dous minutos antes, e como vía que a vitoria non se podía escapar, os ollos empezaron a brillar. Ó rematar o partido empezaron a desbordarse os lacrimais. Como estaba tombado no sofá notaba eses regueiros como corrían polas meixelas abaixo. Non estou esaxerando. Pero se ata me emocionei unha barbaridade cando vin ás xogadoras da República Serbia subir á tarima para recoller a medalla de bronce e ver a unha das súas portando nun aparello, nun arnés sobre a súa barriga a un bebé de meses. Que cousiña máis bonita! A repanocha xa chegou cando se lles fixo entrega das medallas de ouro ás españolas. Pero antes xa deixara caer máis bágoas cando a nosa xogadora Astou Ndour acadara o MVP do torneo. Despois, en cada detalle, en cada xesto, en cada abrazo, en cada risa, en cada cara de felicidade que vía pola televisión, o río de emocións seguía a verter polas miñas meixelas. E eu dálle que dálle coas mans intentando limpalas. Por se aparecía por alí o fillo e, ufff, que vergonza, un vello. Pois si, canto máis vello máis sentimentos, máis parvo me poño, pero...

Te puede interesar