Opinión

Seis contra seis

Seis contra seis. Dito así semella que imos ver ou que vou falar dun partido de voleibol (a min gústame máis balonvolea). Pero non; vou analizar aquilo que nos está a desangrar mensualmente, economicamente falando, e contra o que baduamos sen parar durante toda a nosa vida. Porque durante toda a nosa vida estamos pagando eses recibos ós que lles podemos chamar de servizos básicos: a auga, o gas, o lixo, a luz, os seguros e o teléfono. Aí está, son seis. E contra eses escribimos, berramos, insultamos, latricamos... porque sempre soben e nunca baixan. Temos tan asumido esa rutina económica e esa obrigatoriedade que nin tan sequera se no pasa pola cabeza os outros seis do “equipo rival”. Estes son, por suposto, políticos.

Porque lles estamos a pagar a seis institucións, entidades ou organismos que, moitas veces, a maioría das veces, nin tan sequera nos valen como servizos, nin básicos nin excepcionais, nin rabo de gaitas. Aí van: Concellos, Deputacións, Comunidades Autónomas, Goberno Central, Comunidade Europea e Casa Real. Como vedes, son seis tamén. Agora pensade friamente, pero con tranquilidade, todos os “chupópteros” que están vivindo á nosa conta, e que, moitas veces, a maioría das veces, como dicía, non nos reportan un gran servizo. Á veces nin tan sequera un pequeno servizo. E estas institucións debémolas ter máis asumidas aínda que os servizos básicos, porque cando pensamos no que nos custan, adoitamos agachar a cabeza e non dicir nada. Sempre apandamos co que nos botan.

Te puede interesar