Opinión

Simplemente, non hai dereito

Non hai maneira ou non hai dereito. A inocencia dun neno de tan só oito anos queda xa para o recordo porque o demo que levamos dentro asomou nunha persoa, para máis aquel, achegada a el. E sempre son os débiles os que pagan a maragota. É moi complicado poñer unhas liñas sobre uns cativos polos que sempre sentín unha enorme debilidade. A emoción embarga e quizais a mellor homenaxe sexa o silencio. Pero ese silencio por respecto, non ese silencio por non denunciar. Así é que, fóra, agora mesmo,  loce o sol, pero quizais por pouco tempo; de cando en vez veñan fortes xarapadas para que te lembres dun tal Félix. Hai treboadas que ameazan co exterminio, aínda que despois, en algúns lugares, por exemplo, Ourense, todo quede en auga de bacallau. Non hai maneira ou non hai dereito. O de cambiar, así, de súpeto, de tema; pero hai sacrificios que mancan moito e que doen unha barbaridade. Neniño, que o silencio te acolla neste desatino, nesta aberración da nosa existencia. Toda unha vida por diante que se viu truncada polo irracional, pola insensatez dunha mente amorfa e... odiosa. Simplemente, non hai dereito.

Te puede interesar