Opinión

O soño perfecto

Sempre sentín fascinación polo espazo sideral, polo universo, por esas alturas, polo silencio que ten que imperar por ese lares, pola frase de Buzz Lightyear: ata o infinito e máis alá. E como este personaxe de Pixar voaba, eu imaxino o infinito (e máis alá) pois por esa bóveda celeste, por ese espazo misterioso e creo que fermoso. 

Hai 470 millóns de anos un obxecto de 200 quilómetros de lonxitude seica chocou entre as órbitas de Marte e Xúpiter, polo que se desfixo en varios fragmentos. Dous destes cachos viaxaron xuntos durante 12 millóns de anos ata que chocaron na Terra. A causa do choque parece ser que asomou a actual Suecia. 

Como me é imposible poder vivir eses millóns de anos, opto por un soño no que daría todo un mundo por poder viaxar con ese obxecto e, despois, con calquera deses fragmentos que se espallaron polo universo. Non pido de viaxar os millóns de anos, pero si o de ir a cabalo dos elementos para contemplar a magnitude dese espazo no que a visión do infinito e a calma do silencio sería como o soño perfecto.

Te puede interesar