Opinión

Talento no filme

A directora danesa Lone Scherfig afiliouse ás facilidades de produción do grupo danés Dogma para rodar a súa intelixente e vivísima comedia “Italiano para principiantes”. Con ela, esta sabia muller de cine e teatro deulle a volta ó mundo. Pero o seu enxeño vén de máis atrás, de varias curtas e un par de longametraxes de aprendizaxe, aínda que a súa formación de fondo alcanzouna nos teatros de Copenhague e isto percíbese na notable “Wilbur quérese suicidar” (2003), pelí- cula que Lone Scherfig, rompendo o seu idilio coa heterodoxia de Dogma, filmou con métodos ortodoxos en Londres, sostida nun elenco de magníficos, e ás veces xeniais, rostros descoñecidos da escena británica, que bordan un filme raro e desequilibrado pero rico e vibrante, que chouta da media voz da comedia ó chío do esperpento, da ironía á crueldade e do humor á dor.

A alada levidade que lle imprimiu ó guión (escrito colec- tivamente por Lone Scherfig e os seus intérpretes durante os ensaios en escena, á maneira de Mike Liegh) de “Italiano para principiantes” vólvese en “Wilbur quérese suicidar” do revés e conduce a unha intensidade e densidade que o fai ás veces un filme duro de ver, inzado de esquinas e recantos, que introducen nun esquema de comedia aires de puro melodrama. Hai talento no filme.

Nel conta unha historia de amor (ou mellor dito, dúas, e ata unha terceira de amor fraternal) a través dun complexo triángulo romántico. “Volver á linguaxe cinematográfica clásica permitiume un certo distanciamento respecto ós personaxes; contada en plan dogma, a película sería demasiado lacrimóxena”, xustificouse Scherfig en Barcelona cando pre- sentou a longametraxe, xunto ó actor escocés Jamie Sives, o Wilbur que lle dá título á cinta.

A directora tamén admitiu que non lle satisfai que o verbo suicidar figure no título do filme, “porque a película non trata diso, senón que fala de alguén que en realidade busca unha razón para vivir”, “trata sobre o valor das cousas sinxelas, sobre a importancia de compar- tir os momentos coa xente que queremos”. 

Te puede interesar