Opinión

Tocar a pandereta

Eu quero sentar sobre a tumba dun mosquito, pero dáme a seu aquel. Así é que, por respecto, cúspolle na cabeceira para que, entre soños, pense que a vinganza daquela noite de verán sérvese agora no inverno. Cada un toma as accións como lle convén. Peor sería que mexara sobre o floreiro do nicho do espírito maligno. Si, a noite é de inverno; e o frío vai e vén por entre as bisagras das fiestras. Desas ventás que, por escaralladas, non hai por onde collelas. Cada un vive como pode e como o deixan. Ou como o deixaron. Non todos temos a sorte de contemplar unha posta de sol desde un ático repoludo e gaiteiro. Algúns temos que tocar simplemente a pandeireta. Diría que así é a vida, pero mentiría. Porque a algúns vaia se lles vai ben. Así é que non queda outra que confesar que a uns cantos así nos puxo a vida... nesta chaira de orballo na que hai que suar o gota gorda. Agora cada quen que pense como queira. Eu penso que o mosquito nin se decatará de que furgo sobre a súa tumba para buscar eses soños que se me escaparon de pequeno. Se é que de pequenos soñamos. Algúns tan só vivimos. Aí si, aí nesa época pasamos olimpicamente da vida. Simplemente a vivimos.

Te puede interesar