Opinión

A vinganza: unha mala emoción

Sempre oín nas películas que a vinganza é unha mala emoción, unha mala idea. As películas, aínda que ás veces é todo mentira, sempre din cousas bonitas e cunha realidade moi profunda. Como cando gastamos unha broma; que ten un fondo serio. Como cando lanzamos unha indirecta; que é máis directa que unha frecha camiño do branco. O dito: que as películas ensinan moito. Unha das súas ensinanzas é esa: a de que non é nada bo optar pola vinganza. O PP parece que vai optar pola vinganza cando ameaza con castigar ó PNV (Partido Nacionalista Vasco) polo apoio a Pedro Sánchez, presentando emendas ós seus propios presupostos. Iso, falando claro, é vinganza. Así é que moito coidadiño coas películas, que aínda que sexan fantasías ou mentiras, teñen o seu aquel. O mesmo que a vida, que a propia vida, que tamén ten as súas fantasías e as súas mentiras. A vida, xa en por si, é unha película. Co seu inicio e a súa fin. Logo, polo medio, vai o argumento e o guión, a dirección artística e a montaxe. Por que non lle facemos caso ás películas? Deixémonos de vinganzas, que nunca levan a nada bo. Ata o artistiña cowboy queda amargado ou tristeiro cando consume a súa vinganza.

Te puede interesar