Opinión

A violencia do ser humano

Xera o fútbol violencia? Quen xera a violencia, calquera violencia é o ser humano, non son as circunstancias. Así é que non lle botemos as culpas ós xogos, ó cine ou incluso ás propias armas. É o ser humano, que ten a mente podrecida. O ultra Ignacio Racionero seica é o presunto autor de asestarlle tres puñaladas a un mozo de 22 anos. A maiores disto, o tal “anxiño” semella que ten un amplo historial delitivo. No seu caso si pode haber unha circunstancia: que a xustiza é completamente inepta por deixar libre a certo elemento. O pai do xogador nº 9 do Pabellón B da segunda categoría benxamín de fútbol 8 da nosa provincia debería caerlle a cara de vergonza ante o espectáculo que deu diante duns cativos, diante do seu fillo a base de insultos e ameazas á árbitra de tal partido, que, moi perfectamente, pola idade, podía ser tamén filla súa, chamándolle subnormal, burra e outras “lindeces”. A mente deste pai, á parte de estar podre, está chea de veleno e, pola súa acción, intenta introducirllo, inculcarllo ó seu propio fillo. Teñamos en conta que os fillos adoitan seguir os exemplos dos pais. Se eu pertencera á federación de fútbol, este señor, por chamarlle dalgunha maneira, sería desterrado per secula seculorum dos campos de fútbol, perdón, de calquera campo deportivo.

Te puede interesar