Opinión

Vuelve la culpa del cha-cha-cha

Recordo o título coma se o escribira onte e, non obstante, xa hai un tempiño que o fixen: “A culpa é do cha-cha-cha”. Tamén é verdade que só recordo o título. Non sei de qué ía. Aínda que imaxino que sería sobre asuntos políticos, máis en concreto, sobre os políticos que nos mandan. E dáme igual que sexan de España ou de Galicia porque é o mesmo. Porque tanto uns coma outros, cando non saben saír do atranco no que se meteron, sempre lle botan a culpa a alguén. Lembro, iso si, que cando acontecera o desastre do “Prestige”, e coa retranca que nos caracteriza, algúns dixeramos que a culpa fora das rías galegas por estar precisamente alí.

Te puede interesar