Opinión

Un ano da vaga de lumes. Que mudou?

Un ano despois da fin de semana da vaga de lumes que asolou Galiza, cómpre facer unha breve avaliación do acontecido neste tempo. Na fin de semana da vaga de lumes foron de destacar tanto os fallos no dispositivo contra incendios (faltou organización, coordinación e disposición de medios) como no actual modelo forestal que temos en Galiza, na información á poboación, etc. Non se soubo afrontar a emerxencia nin nas vilas nin nas cidades. 

Pasada esa fin de semana “negra”, o Partido Popular adicouse a vender fumo: propuxeron con 30 medidas das que so 5 poderían considerarse “novidosas”. Con isto o residente Feijoo fixo unha emenda a totalidade das súas políticas agroforestais levadas a cabo ata o de agora. Pois ben... un ano despois, máis da metade desas medidas quedaron en iso... fume.

O ditame emitido pola Comisión especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais, na cal participei, non muda sustancialmente a problemática dos incendios forestais no noso país. Venderon unha comisión parlamentaria sobre os lumes que resultou ser unha fraude dende o principio e na cal se negaron datos fundamentais para entender a situación que vive o país. Ninguén asumiu responsabilidades políticas polo que aconteceu esa fin de semana.

Dende En Marea votamos en contra deste ditame posto que non se tiveron en conta máis de 100 puntos que lle fixemos chegar o equipo redactor do mesmo, tales como incrementar os recursos orzamentarios e de persoal para os distritos forestais e os CFEAS’s, a recuperación de 50.000 has reforestadas en terras agrarias, aprobar un plan de control de reforestacións ilegais en terras agrarias e ribeiras, a non arborización con especies do xénero Eucalyptus, a revitalización de montes veciñais en man común, ou acabar coa atomización do dispositivo de prevención e extinción de incendios e retomar o control do control dos lumes ao dispositivo do SPDCIF, entre outras.

Que fai o Goberno da Xunta de Galicia? Continuismo, e se seguimos cas mesmas políticas han de volver as mesmas desgrazas.

Te puede interesar