Opinión

1º de maio: Alzando a voz contra as reformas que nos empobrecen

Pasaron xá 40 anos desde que se aprobou a Lei de Liberdade Sindical e o dereito de Asociación, e a partir de ahi púxose en marcha a negociación colectiva entre as centrais sindicais de Clase e os empresarios poñendo, fin ao sindicato vertical da época franquista. 

Tras aquéla apertura deuse paso en Ourense as primeiras movilizacións obreiras masivas e aos primeiros convenios asinados nos sectores de construción e madeira, -tras duras folgas-,siderometal e no transcurso dos anos 80 na maioria de sectores da provincia ourensán. Despois daquéla esperanza e ilusión e de acadar importantes melloras económicas e sociais, pasóuse a situación actual de frustración e desolación, provocada pola perda de dereitos para a clase obreira que ten a súa orixe nas Reformas Laborais dos últimos anos, entre elas unha contrarreforma que vacía de contido a negociación colectiva e o dereito a negociar as condicións de traballo. Hoxe, como consecuencia de iso, miles de traballadores-as ourensáns están sen convenios en vigor desde fai catro ou cinco anos. Dos 21 convenios que hai, só 5 están en vixentes, o que supón que moitos traballadores-as teñen salarios inferiores aos de fai anos cunha enorme perda de poder adquisitivo. Xunto a ista situación, as Reformas laborais teñen provocado o aumento dos despedimentos por ser máis fácil e barato, máis facilidades para os ERE, aumento da precariedade con contratos-lixo de horas ou días , desregulación e aumento de xornadas, recortes en pensións, e servizos públicos, sanidade ensino e servizos sociais .A política de demolición do PP supuxo un retroceso de 40 anos nos nosos dereitos, un reforzamento empresarial e un debilitamento da clase obreira co conseguinte aumento das desigualdades,a pobreza e a exclusión, mentres o Poder económico e financieiro aumenta os beneficios e riquezas. 

Un 1º de Maio con ésta situación ten que ser para alzar a nosa voz e facer chegar aos poderes públicos a nosa esixencia de que nos devolvan o ROUBADO. É un momento clave para cambiar a situación que sofrimos. A perda da maioria absoluta posibilita que se podan anular as Reformas Laborais dos últimos anos e para iso é preciso que as organizacións sindicais impulsen a Mobilización para o cambio. Nese camiño está a CIG coa Campaña que desde fai meses facemos pola derrogación das reformas e a ise camiño chamamos para atoparnos cos outros sindicatos, que para iso teñen que cambiar a súa posición dócil. As conquistas obreiras sempre son froito da loita.

Te puede interesar