Opinión

1º de maio: A solidariedade de clase como obxectivo

Mentres os traballadores de todo o mundo celebramos o Día de Solidariedade Internacional reivindicando melloras nas nosas condicións de traballo e loitando contra o neoliberalismo que impón unha política agresiva contra a nosa clase, esa solidariedade internacional non se aplica por parte dos gobernos europeos cos miles de refuxiados que seguen chegando a Europa fuxindo da guerra provocada polo Sistema por intereses económicos. En Europa recortan e aplastan os dereitos que conquistamos coa nosa loita ao longo de moitos anos é a UE mostra o carácter inhumano do sistema capitalista e vulnera o dereito internacional, a Declaración de Dereitos Humanos e outras leis de protección do refuxiado incumprindo, que toda persoa ten dereito a buscar e disfrutar o dereito de asilo,pechándolle as fronteiras e condenándoas, nuns casos a morrer no camiño ou a malvivir, o que convirte a situación no maior drama humanitario despois da II Guerra Mundial. Para ó Poder a vida non vale nada o que conta e o marxe de beneficios.

As políticas antisociais e antiobreiras dos anos negros do mandato do PP, están provocando un deterioro enorme das condicións de traballo, arrincándonos un conxunto de melloras, pero as condicións políticas favorecen que se poida cambiar a situación, polo que esiximos a derogación das contrareformas laborais que promulgadas polo Goberno provocaron miles de desempregados, máis do 50% de longa duración e o 60% sen prestacións, facilitouse e abaratouse o despedimento, aumento da emigración de mozos-as, precariedade, pobreza, exclusión social,baixos salarios,desigualdade, paralización da negociación colectiva, atrasóuse e dificultouse a xubilación, sufriu recorte a prestación por desemprego e hai recortes nos servizos públicos, ensino, dependencia e sanidade con resultados dramáticos.

Esta provincia segue nun estado agonizante coa taxa de paro máis alta de Galiza, cunha perda imparable de poboación, 5.112 persoas menos no último ano, producindose fundamentalmente entre os mozos-as, xunto ao avellentamento da poboación, con só 40.000 habitantes de idades comprendidas entre os 20 e 34 anos, por mor dunha emigración masiva e polo tanto con descenso da poboación activa e ocupada que se utiliza para maquillar as elevadas cifras de paro. É unha situación dramática que desde os gobernos respectivos intentan manipular, utilizando os altavoces do poder e a propaganda para mentir, pero todos e todas sabemos que non hai nen bonanza económica, nen melloras para a clase traballadora, senon máis beneficios para o capital financieiro e os que teñen grandes fortunas.

A nosa clase sabe que para cambiar esto non hai salvadores supremos, senon que temos que salvarnos nós mesmos, organizándonos cunha posición de fortaleza e loitando para defender o noso futuro.

Te puede interesar