Opinión

A Semana Santa ourensá

bispado
A Igrexa celebraba os actos no própio Bispado, na Catedral e na Praza Maior

A Praza Maior foi secularmente o centro vital de Auriabella, centrándose o político na Casa do Concello, o social no Casino dos Cabaleiros e no Espolón -primeiro paseo de familias con posibles- e o relixioso no Bispado. Hoxe en día mantense o Concello. O Bispado trasladouse á rúa do Progreso e o Casino desapareceu. O Pazo Episcopal representou un elemento construtivo básico, a Igrexa realizaba moitos dos actos, principalmente, na propia praza e na Catedral porque podía albergar a máis fieis. De seguido, insiro os feitos socio-relixiosos da Semana Santa .

A Igrexa ourensá, representada polo Bispado, cabeza visible da mesma, celebraba os actos da Semana Santa nos séculos XIX e XX no própio Bispado, na Catedral e na Praza Maior e as rúas e prazas dos arredores, enchidas polos fieis para participar nas celebracións relixiosas onde unha moitedume de crentes as celebraban con fervor, ben nas procesións do Corpus, ben na Semana Santa. Sorprendía neste tempo o xentío silenzoso, xentío presente; sobresaían as trécolas da Catedral que soaban, hoxe non, os Xoves e Venres Santos. As procesións foron variando o seu percorrido ampliándose moitas delas, co tempo, ata o parque de San Lázaro; iso si, permanecendo a ruta de saída da Catedral pola súa Porta Norte, rúa da Obra, Praza do Ferro, San Domingos ou Corredoira, parque de San Lázaro, Paseo, Lamas Carvajal e pasando pola Praza Maior.

A Igrexa celebraba os actos no própio Bispado, na Catedral e na Praza Maior
 

asuncion

Sartego “¡Pobre Asunción, Viernes Santo del 91” (1891). Cemiterio de San Francisco.

Si, estes eran os únicos actos que substituían a leda e cotiá vida vilega: as procesións do Domingo de Ramos, a do Encontro, do Venres Santo, no amencer; á noitiña, celebrábase a “dos Caladiños”.A procesión que máis emocionaba era a do Desenclavo, realizando o seu acto principal na Praza Maior. Foi nesta procesión onde ocorreu un dos feitos máis luctuosos ocorridos na cidade, o 28 de abril de 1891, que considero o primeiro acto documentado de violencia doméstica acaecido en Ourense: un mozo, Juán González, da parroquia de Reza, admirador despeitado, asasinou dun tiro á costureira vilega de profesión chamada Asunción González Vázquez, porque ela non aceptaba as súas proposicións amorosas, xusto cando o Cristo era baixado da Cruz, mentres a acompañaba o profesor e bibliotecario do Instituto Otero Pedrayo Juán Fernández Perez “Xesta”. Quizais foron os ciúmes a causa da morte de Asunción. No cemiterio de San Francisco, á dereita da entrada, a carón dun cuprés talado, permanece como homenaxe, un libro aberto de mármore branca sobre unha columna de granito coa inscrición “¡¡Pobre Asunción!! Venres Santo do 91 [1891]” . Foi deseñada poloo propio Xesta. 

O xornal La Región publicou o 25 de novembro de 2008 o artigo titulado “Las mujeres recuerdan a Asunción” que di que un acto rendiu homenaxe á primera vítima da violencia de xénero na cidade. O 28 de abril do ano 1891, o Faro de Vigo publicaba unha pequena crónica deste suceso: cando se iniciaba o sermón do Descendemento, coa praza chea de xente, escoitouse un disparo. Xan González, da parroquia de Reza, disparou un tiro coa pistola de dous canos que levaba. O disparo lesionou gravemente a moza Asunción González Vázquez, falecendo horas máis tarde. Xan González foi detido. As dilixencias confirman que o mozo disparou voluntariamente. Dicían que ela era unha fermosa moza. Ramón Otero Pedrayo dixo que coidaba nenos e unha sobriña dela afirmou que era costureira e posuía gran beleza. O asasinato de Asunción conmocinou á cidade, ao ocorrer na Praza Maior, chea de xente por seren Vernes Santo. A moza ía acompañada do seu namorado Juán Fernández Pérez “Xesta”.

 Juan Xesta, así o coñecían socialmente, naceu en 1870. Alberto Vilanova, na Gran Enciclopedia Galega, informou que foi neno de coro, licenciado en Filosofía e Letras, arquiveiro en Facenda e no Museo de Pinturas.

 Otero Pedrayo, home relixioso, sobre a Semana Santa e a Praza Maior expuxo no “Ensayo sobre las variaciones fisiognómicas de la calle durante medio siglo” o seguinte:
En la calle orensana la Semana Santa tendía en los primeros diez años del siglo (XX) horas de silencio, con la total desaparición del tráfico, los sones opacos, apesadumbrados, de las 'trécolas' durante el jueves y el viernes, las procesiones afectivas, penitentes, las representaciones del Encuentro y del Desenclavo en la Plaza Mayor. En el primero la marea campesina cubría los accesos a la plaza, el Espolón, la escalinata de Santa María. 

El balcón y la ventana tenían algo de tribuna de iglesia. Las procesiones se acompasaban a la forma y expresivismo de la ciudad. Eran consolados los barrios del Sur por la procesión de la Soledad sin desamparar las calles centrales. Siguiendo las ampliaciones y desplazamientos de esta conmovedora procesión de mujeres año por año, podrían seguirse los desarrollos y cambios de Orense. El incorporarse de la calle del Progreso al itinerario de las procesiones significa el final de una época”.

 Os tempos trocaron parellos á sociabilidade de Auriabella ainda que se conservan bastantes e non se deben esquecer.

Te puede interesar