Opinión

As Casas Consistoriais ou Casa do Concello

O domingo 26 de maio foi unha xornada vilega esencial dado que a veciñanza estaba convocada para elexir a Corporación que goberne o futuro do seu Concello da Praza Maior durante os vindeiros catro anos. Convén recordar que xa se cumpren corenta anos das primeiras eleccións municipais.

A Praza, durante séculos foi o centro da cidade, sendo os sés nomes do Campo, Maior, da Constitución ou Real. Albergou o poder político (as Casas Consistoriais ou Casa do Concello); o poder relixioso, no Bispado (có Pazo Episcopal ou Curral do Bispo), veciña natural do poder político, construído no século XII. Foi declarado Monumento Nacional en xuño de 1931 e o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e o Arquivo Histórico o ocupan desde 1951. Concello e Pazo Episcopal son as únicas edificacións blasonadas. Ambos enfrontáronse secularmente, ocasionando desavinzas ao tentar gobernar, calquera deles, a cidade, mesmo con actuacións violentas para unha sociedade culta e europea. O terceiro foi o Casino de Cabaleiros, desaparecido a finais do século XIX, e o Espolón, onde paseaban as familias poderosas.

A Igrexa tivo axiña templos onde celebraba os actos relixiosos propios, non ocorrendo có Concello. Ourense necesitaba unha edificación que a representara porque ata o século XVI celebraban as súas reunións nos adros da Catedral e nas igrexas de S. Francisco, Sta. María Nai, na Praza Maior, ou nas casas dos munícipes. A primeira construción data do ano 1513, sendo rematada tres anos despois polo canteiro Pedro Beranga que realizaba tamen na cidade a cantería nas súas fontes e pontes.

 O seguinte proxecto construtivo foille encargado en 1697 ao arquitecto e escultor Francisco de Castro Canseco, de estilo gótico tardío.

En 1756, as Casas Consistoriais estaban maltratadas polas goteiras e o mal tempo. A súa fachada compúñase de dous corpos; o máis baixo con dúas fiestras, unha en cada beira da porta. O segundo corpo, con tres fiestras, cunha balconaxe de ferro ao longo da fachada, tendo unha lápida: “Casa Consistorial”, hoxe “Casa do Concello”, no centro. Posuía dous escudos tallados en pedra: un sobre o portal principal e o outro na parede na rúa da Barreira e unha cornixa construída en 1843. O patio era espacioso: á dereita del estaba o despacho de aloxamento; á esquerda, a habitación do porteiro, e enfronte o depósito de enseres do Concello. Pola esquerda subía unha escaleira de pedra que conducía ao primeiro andar, onde estaba o arquivo; á dereita, a Secretaría, desde a que se subía ao piso superior que remata no despacho do alcalde e a Sala de Sesións, con ceo raso cun retrato da raíña, e baixo del, a mesa do presidente e bancos para os concelleiros; ao fronte, un oratorio onde oían misa o día de Corpus e nel xuraban os seus cargos os rexedores e funcionarios. O Concello posuía, en 1694, 17 retratos reais. Na capela estaba a imaxe da Nosa Señora da Concepción.

En 1873 derrubouse outra vez o edificio e houbo que reedificalo. A súa substitución fíxose cunha nova construcción, a actual, encargándose da obra, en 1888, ao arquitecto José Antonio Queralt Rauret. Realizado en estilo ecléctico, rematouse en 1891. Consta de tres plantas: O baixo asoportalado con tres arcos de medio punto sobre pilastras. O primeiro andar, con tres vanos e amplo balcón voado, e o segundo, con tres fiestras e rematado por un frontón curvo que sostén un reloxio. Tras esta edificación fíxose a derradeira ampliación do Concello, na parte traseira, duplicando o seu volume polas rúas Bispo Carrascosa e Barreira, en 1948.

En 1976, este balcón central do primeiro andar acolleu aos agora reis eméritos, Juan Carlos e Sofía, ante unha numerosa multitude cidadá.

Ático Noguerol Iglesias (1888-1942) funcionario do Concello, un dos máximos defensores de Auriabella, nun dos 43 debuxos seus depositados no Arquivo Histórico Provincial de Ourense titulado “As Casas Consistoriais” espuxo:

Así era ou debía ser las Casas Consistoriales, hay que diferenciarla con la Casa del Corregimiento, pues esta era la del Corregidor de la plaza de su nombre. Juan Uva, ó Anta ó pai do Cotufa, o Juan Cerval y ó que foi musico é ahora é bedel do Instituto, ó Quintairos (a) Chanqueiro, dicen todos que foi así, tamen o dice Dª Celina Quintáns, os únicos que dicen que no foi asi, foron D. Bernardino e su hermano el boticario dos Temes.

Este dibuxo, he producto de un á cosa, é decir, preguntando os vellos de miña época que eu conocin alguns con 40 años de diferencia ó sean ó Xavier Melondro, ó Sr. Vicente ó Calavera, ó D. Juan Uva, ó Anta ó pai do Cotufa, o Juan Cerval y ó que foi musico é ahora é bedel do Instituto, ó Quintairos (a) Chanqueiro, dicen todos que foi así, tamen o dice Dª Celina Quintáns, os únicos que dicen que no foi asi, foron D. Bernardino e su hermano el boticario dos Temes.

Ahora ben, algus dicen que tiña dos escudos otros dicen que un, todos dicen que había dos buratos redondos na cima cerca do tellado. Algus dicen que tina dos pisos, casi todos un, é sacoume de duda o Quintairos que foi alí á escola, é os dous pisos eran pola parte de atrás, o piso do patio dicen todos que era de collos como a calle de Alba, e decir con collos do coiñal, é por dentro ó patio era parecido ó patio de San Roque.

O Portal tiña á porta redonda ó lado habia dúas ventanas con reixa no primeiro un balcón grande no medio é dos pequenos á os lados, estos tiñan á barandilla de ferro, pola parte que daba á fonte do Rey, facía costa, dentro había capilla, é sin duda á o haber capilla tiña que haber cementerio, á proba é que os facinerosos e ladrós que mataba á Xusticia, por ser enterrados en terra bendita, enterrabanos detrás de esta capilla, así foi que cuando fixeron á Casa do Bobillo encontraron esqueletos, poda ser que estos foran do Guillade y otros de mi época e tantos porque no estaban moi desfeitos os hosos.

 Este edificio ocupa á parte que esta no principio da calle Paz Novoa, é decir a fachada daba á calle do Instituto, desde ó balcón do medio foi donde nas festas de Padre Feijoo houbo luz eléctrica.

 Despois de citar á todos esos ancianos, que espero no se molesten por llamarlos así, vou a citar á uno que hoy tiene toda lucidez, que e ó Castelao (Felipe), este recorda é fai moi boa memoria, incluso por il tiven que pintar á portada izquierda que daba á rampa, alí había un ferrador, é dice o Castelao conocían que fora feita despois da Casa é respecto a os balcós dice que eran de esa forma ó sea que ó balcón do medio era mais grande y as pedras tiñan ese dibuxo.

 No texto atiquiano do debuxo “Casas Consistoriales” aparecen alcumes e nomeadas que conforman a sociabilidade popular de Ourense.

Esta é a historia do Concello, órgano de representación política viva de Auriavella que non perdeu o seu atrativo. 

Te puede interesar