Opinión

Centenario de "La Centúria"

Tanscorría o mes de xuño de 1917, cando en Auriabella, Vicente Risco e Arturo Noguerol Buján publicaron o primeiro número da revista neosófica “La Centúria” fito senlleiro que produxo durante anos unha forte eclosión cultural acaecida na nosa cidade e Galícia.

Si, Risco e Noguerol Buján  foron os creadores e promotores dos dous proxectos literarios que non tiveron parangón: “La Centúria” e “Nós”, a pesar dos feitos acaecidos en Europa coa Primeira Guerra Mundial e a crise política e social de España.

Arturo regresou de Salamanca a Ourense en 1915 onde acadou o título de avogado na súa Universidade, e Vicente Risco de Madrid, en 1917, para exercer como profesor de Historia na Escola Normal de Maxisterio. A súa estadía na capital durou tres anos; estudou na Escola de Estudos Superiores de Maxisterio.

O fardel cultural de ambos apoiouse no prestixioso cadro de profesores do Instituto ourensán dos membros da Comisión Provincial de Monumentos: Marcelo Macías, Primitivo Rodríguez Sanjurjo, Eduardo Moreno López e Benito Fernández Alonso, e na  tertulia literária deste na Praza Maior, no nº 8, Risco e Noguerol amosaban a súa mentalidade aberta apoiándose tamen en teorias e correntes literarias vixentes no estranxeiro

Entre xuño de 1917 e xullo de 1918 publicáronse os sete números de La Centúria, subtitulada Revista Neosófica. Tódolos textos están en castelán excepto a poesía de Noriega Varela titulada  “As florinhas dos tojos”. Os primeiros seis números foron publicados no obradoiro de Antonio Otero sito na rúa San Miguel número 15 e o sétimo no xornal La Región.

O feito de que a revista fora escrita en castelán significa que Risco e Noguerol Buján non vivían anteriormente en Ourense, pero en 1918 ingresaron nas Irmandades da Fala, creadas por Anton Vilar Ponte, e no galeguismo, e grazas a publicación de “La teoría do Nacionalismo galego” de Vicente, en 1920, e de Noguerol o artigo “La Patra”, en 1917. (La Centúria) e “Parolas sobre a propiedá” (La Región) en 1918.

Na derradeira páxina do primeiro número aparece a “Constitución de la Centúria”, no que sinala que Vicente Risco e Arturo Noguerol formaron a sociedade de La Centúria e recoñéceselle a condición de “xerentes únicos”. Os colaboradores da Revista reuníase na tertúlia na casa de Risco, “alma mater”, no número 47 da rúa San Domingos, mentres que a administración se ubicaba en Raiña Victoria 26, casa do avogado e administrador Arturo Noguerol.

En Pronaos, publicado no primeiro número de “La Centúria” expuxeron a súa filosofía iniciática:

“Los iniciadores de La Centúria quisieron aprovechar en lo intelectual el instinto aventurero de la raza. Esta publicación es, pues, una salida a la aventura. Se trata de romper el ritmo habitual de las ideas..../...

Por esto ni el arte, ni la ciencia, ni la moral son ya lo mismo que eran para  nuestros padres, sino que nació una sabiduría nueva que es nuestra inspiración central, y por esta causa, La Centúria se titula neosófica, esto es, que como revista de nuestro siglo ha de reflejar la nueva ideología que empezaba a dominar el pensamiento euro-americano antes de la guerra.

Los colaboradores de La Centúria, muy diferentes entre sí por sus ideas, sus vidas sus profesiones, grafómanos empero todos ellos, se presentan reunidos por la accidentalidad de haber nacido en el mismo pueblo. Esto, y la casualidad misma a la que se debe la fundación de esta revista, le dan ese aire vaporoso que comunica la intervención pura e incondicionada del Azar que tan extraordinaria significación tiene en nuestra ideología…/….

La casualidad hizo nacer esta publicación neosófica en Ourense. Ourense dista seiscientos kilómetros de Madrid y acaso menos de Nueva York…/... Ourense no tiene nada de cosmopolita ni de típico, de futurista ni de tradicional; muchas casas viejas y ninguna antigua. Pero tiene siete entradas y además nos tiene a nosotros.

Este es el preludio, el pórtico de todas las secciones de La Centúria”.

Moitos personaxes xunguíronse ós proxectos literarios que conformaron “La Centúria” e a revista “Nós” formando parte do “Cenáculo ourensán”, reunión de intelectuais no Ourense do século XX: Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas, Arturo Noguerol Buján, ós que se pode engadir Eduardo Blanco Amor, Primitivo Rodríguez Sanjurjo, Antonio Rey Soto e Sebastián Martínez-Risco, entroutros..

A esencia de Noguerol e Risco radica na liberdade de cátedra, na pescuda doutros idearios, culturais e modelos literários. Non teñen en conta posturas ideolóxicas preconcebidas nin compromiso coa cultura galega en si mesma, aínda que despois o amosaron por outros vieiros. Conformaron o cerne do galeguismo. 

Vicente Risco foi o máximo colaborador da revista “La Centúria”, dado que o fixo en tódolos seus números excepto no 4º; primeiramente co artigo titulado “Preludio a toda Estética Futura”, incorporado como fascículos en seis números, e no número 3 coa portada (un “Ex-libris”), aportando outras colaboracións sen firma. É moi probable, ainda que non seguro, que fora da súa autoria “Pronaos”, aparecido declaración de princípios.

Noguerol publicou os seus artigos xurídicos “El boycott”, “La patria”, “La reducción de la jornada”, e o literário “El delito y la pena en las poesías de Curros Enríquez". O máis importante, “La Patria”,  semella ser o primeiro testemuño que se emitiu no “Cenáculo de Ourense” serviría de punto de partida para constituir a Irmandá Rexionalista d'Ourense o ano seguinte.e o seu ingreso no galeguismo.

Do "Cenáculo ourensán" as principais aportacióms foron:

O Patriarca das Letras Galegas, Ramón Otero Pedrayo aportou dous artigos: “La confesión del hombre culto” e “Cartas espontáneas”. Primitivo Rodriguez Sanjurjo inseriu cinco artigos titulados:”Perifrasis de Rey Serpiente” “Parífrasis de Arethusa de Europa y de la Venus de Milo” “Cólquida” “El Calendario Universal. Del aquelarre proyectado por una pipa”. E Florentino López Cuevillas publicou en tres números o artigo “Rusia y su Revolución”, e un cuarto titulado “Divagaciones al margen de un cuento de Mil Noches y una Noche”. E Benito Fernández Alonso con Ursaria.

Debemos facer referencia dos nomes doutros ourensans e galegos que aportaron moitos traballos literarios: Sebastián Martínez-Risco Macias, Francisco Álvarez de Novoa, Emilio Amor, Xavier Bóveda, Evaristo Correa Calderón, Benito Osorio, Jesús Soria, Ramón Villarino de Sáa e Antonio Noriega Varela coa poesía “As florinhas do tojo”, única aportación en galego. De España, Rafael Cansinos Assens.

A liberdade de pensamento e opinión é visible coa inclusión de traballos de prestixiosos autores estranxeiros: Rabinndrannth Tagore, Gustav Khan, Oscar Wilde, Jorge Meredith, Arturo Rimbaud Mario Roso de Luna e Beta Hérculis cos seus cinco horóscopos.

En fin, Ourense e Galicia deben estar eternamente agradecidos pola aparición hai cen anos de “La Centúria” e, en 1920, da revista  “Nós”.

Te puede interesar