Opinión

A rúa da Barreira, na orixe de Auriabella

Ourense, a rúa  da Barreira xungue a Praza Maior coa da Burga; as tres forman o Vilar, orixe de Auriabella. 

Segundo o artigo 2º do Capitulo Único, Título Primeiro, das Ordenanzas Municipais de 1895, a rúa da Barreira está integrada no Cuarto Distrito. O Colexio de Avogados de Ourense na publicación realizada na imprenta de Antonio Otero para o ano económico 1892 a 1893 informou que Alberte García Ferreiro, poeta, orador e demócrata exerceu a avogacía. Naceu no número 4 en marzo de 1862 falecendo en Santiago, en febreiro de 1902. No número 8, Alexandre Bóveda, facendista e galeguista, naceu en 1903 e fusiláronno na Caeira, Poio, en agosto de  1936. Ambos posúen nas súas casas unhas placas: de bronce, Alexandre, e de mármore, Alberte.

A rúa Barreira é tan irregular e inclinada como a Praza Maior, rematando nun xardin que posúe no seu centro unha estatua que homenaxea a Alexandre Bóveda. Co seu mercado era moi animada polas mañás e silenciosa polas tardes. Algunhas casas súas asoportaladas desapareceron, entre elas a dos Boán, famosos humanistas ourensans do XVI.

Otero Pedrayo no libro “Orense” (Editorial Bibliófilos Gallegos) manifestou: “A Barreira encostada se articula en nobres tramos enlousados ou en escaleira coa Praza Maior y coas calles sensiblemente paralelas”

José Adrio Menéndez no libro  “Del Orense Antiguo” relatou en “Puestos para la venta” que en 1866, existía unha grande anarquía na colocación dos postos ambulantes existentes en diversas zonas; o Concello fixo unha nova regulación o 16 de xuño, Este ordenou que o pan de fariña, de centeo e pescados de mar e río foran vendidos na rúa Barreira. O mercado mensual realizábase na Praza Maior e na rúa da Barreira, todos os días 7 de cada mes desde 1122.

Olga Gallego Dominguez, no seu libro “A cidade de Ourense. Unha visión a través dos séculos”,  informounos sobre a rúa da Barreira:

“A pescadería tivo diversos emprazamentos. Coñecemos a rúa da Pixotaria na idade Media, paralela á rúa Escura, a Praza do Pescado, xunto á igrexa da Madalena, na Praza do Trigo, no ano 1432 e, a mediados do XVIII consistía nunha casa terrea na rúa da Barreira, de 18´5 varas de fronte por 4 de fondo. Pegada a el na mesma data vendíase o pan cocido por peso nun casarello, que “é un cobertizo ... de 9 varas de fronte por 3´5 de fondo.  No século XX achábase no soto da Cárcere de Coroa, de onde pasou a Praza de Abastos ó ser construída”.

Entre os comercios de roupa feita en Ourense, debemos mencionar a xastrería de Severo Fernández, no número 4, pechada hai pouco. Iste é o anuncio inserido no xornal “La Voz Pública” número 362 do 23 de xaneiro de 1917, ano III:

O “Casino dos Cabaleiros” ocupou o número 1 da Praza Maior que fai esquina coa rúa Doutor Marañón e inclúe os edifícios propiedade da marquesa de Leis da rúa Barreira 2, 4, 6 e 8. As edificacións das fotos da autoria de Ático Noguerol (arquivo de Lucila Varela Noguerol), foron derrubadas o 8 de agosto de 1935, data sinalada a lápis polo autor para abrir a rúa Doutor Marañón, inaugurada en 1963. 

Estas fotos están tomadas desde os números impares e desde os números pares da rúa de arriba a abaixo e ao revés.  Ático expresou:

“Calle de la Barrera, vista tomada desde los números impares, mejor dicho desde el medio de la calle.

Estas casas de la izquierda de la foto le llaman de la Marquesa de Leis y la otra que fue casino y propiedad de Don Enrique Estuy, hoy es del Severo, fabricante de ropas hechas. Estas casas serán derribadas para hacer una calle que vaya desde la de la Barrera al Puente de la Burga” (Doutor Marañón). 

José Adrio Menéndez no capítulo XX do libro “Del Orense Antiguo 1830-1900”, fálanos do Casino:

“O Casino Orensano era a sociedade que blasonaba, con xustos títulos, distinguida e aristocrática.

Unha rigorosa selección precedía ao ingreso dos socios; e en cuanto ás xuntas directivas, integrábanse sempre con pesoas prestixiosas por depurado aboengo.

As estancias do Casino atopábanse decoradas con pleno luxo; e do seu Salón de Festas, que se abría ao ano en contadas veces, pudiera decirse que era un modelo de bo gusto.

No ano a que nos referimos (1879), constituían a súa directiva os señores seguintes:

Presidente, D. Ramón Pedrayo Silva e vogais, don Martin Aviñoá, D. Luciano Figueiras, D. Antonio Montenegro,  Ricardo R. Marquina, D. León Gayarzón, don Antonio Varela,  D. Tomás Dacal e D. Ramón Quesada.

O “Casino” quixo despedir o ano cunha festa, como todas as súas: espléndida. Xa fixada a data do Nadal para celebrala, non reparou en gastos e sacrificios, pondo os seus recursos a disposición das distintas comisións …./…

E chegou a noite do festival e a el asistiron vestindo tocados de severa elegancia, as señoritas de … ¡perdón lector! a pluma delicada e correcta, detense no intre de ir a consignar os nomes daquelas damas bellísimas. .../…. E do elemento masculino, Dacal Ambrosio, Varela Sotelo, Camino, Saenz Marquina, Caamaño Caula, Otero, Porras Menéndez, Diéguez Reigada, Tundidor, Santamarina, Gaite e Lloves, Ignesón Paz, Temes (I. y F.), Anta García, Gomez Stuyck (E, y S.), Taboada González (A. y J.) Rodríguez Tutor, Galán, Martínez y Araujo …

E entros xiros do vals corrido, a mazurca de dous pasos, as cadencias da danza e o rigodón cerimonioso, pasáronse as horas velozmente, ata que foi chegada a da alba.

Xa desierto o salón onde o amor mentiu a raudais os mozos de servicio Marcos e Luis, cansos da brega apagaron as buxías de arañas e candelabros, penetrando tenue e difusa a rosada luz crepuscular.

Despois quitaron as vidreiras que daban ao soportal, e ao intentar o peche das portas exteriores, observaron que llas  “sustraíron”. Inutilmente dirixiron a vista a todas partes, facendo mil preguntas aos madrugadores que pasaban. Todo en van. “El “Casino” no podía cerrarse.

Por fin, horas mais tarde, fueron atopadas sobre o cupé do coche que facía a liña de Santiago, na Horta do Concello. Dous mozos da cidade, tan coñecidos polas suas nomeadas como polas suas travesuras enxeñosas, conduxérannas a sitial tan "elevado".

Desapareceu o Casino; o único testemuño conservado é a lámpara do salón situada no cruceiro da igrexa de Santa Eufemia a Real do Centro, na rúa Lamas Carvajal.

A Barreira conforma un elemento esencial do casco vello ourensan.

Te puede interesar