Opinión

Acusado!


“Ti es ese home” 

(2 Samuel 12:7)


Todos cremos adicarlle tempo ao que é importante, pero realmente non é así. Mais ben parece que nos preocupamos só do urxente, do traballo, do que outros nos piden, ou mesmo daquelo no que cremos disfrutar e só nos fai dano. O segundo libro de Samuel explica a historia de David, un rei que chegou a ter moita sona (e con razón) pero que non foi quen de vivir dacordo ao ben, porque se deixou levar polos seus malos desexos. Ciumes, mortes, rebeldía e guerras foron os resultados de non cuidar á súa propia familia. Tanto é así que un profeta tivo que enfrentalo a si mesmo.

 Cando lemos este libro aprendemos que o noso amor por Deus ten que verse, en primeiro lugar, na nosa casa; coa nosa familia. Se non somos capaces de amar e pasar tempo cos que temos ao noso carón, non ten moita importancia o que facemos ou o que podemos conseguir na vida. O noso amor e a nosa lealtade ao noso Creador exprésase sempre, en primeiro lugar, con todos os que están perto de nós.

Te puede interesar