Opinión

Anguriados…

Ansiosos? ¿Preocupados?

Hai pouco lin que hai máis de dous centenares de medos diferentes, a gran maioría inventados polos seres humanos.

Pedro era unha persoa que sempre andaba anguriado polas circunstancias e polo que outros facían ou dicían… ata que se encontrou con Xesús. De feito, foi o Mestre o que cambiou o seu nome para chamarlle Pedro (rocha), para que a súa vida estivese afirmada en Deus. Por iso escribe: 

“Botade sobre Deus todas as vosas ansias, que El coida de vós” (1 Pedro 5:7) Sexan cales sexan as circunstancias, esa é a promesa que nunca falla. O apóstolo non está a falar dunha reforma na vida, senón de algo completamente novo. De feito, explica ao comezar a carta que Deus nos fai “nacer de novo” cando confiamos nel. Aí comenza unha aventura que non remata endexamais, unha vida absolutamente diferente e nova. 

Te puede interesar