Opinión

Aparentemente...

“Os homes ven as apariencias, pero Deus ve o corazón” 

(1º Samuel 16:7)

Case todos gostamos dos livros de historia. As vidas dos que nos precederon sempre teñen moito que nos dicer, e ademáis, sempre podemos aprender leccións trascendentais para o noso día a día. O primeiro livro de Samuel narra as circunstancias que viviron dous reis: Saúl e Davide. O primeiro deles un home forte e valente, pero que non foi quen de confiar en Deus nen axudar o pobo.

Davide, polo contrario, non era mais que un adolescente cando Deus o chamou, Todos lembramos aquela fermosa historia da súa loita contra o xigante Golias. A gran lección do livro é que nos estamos sempre preocupados polas apariencias, mentres que Deus mira o noso corazón.

Nun mundo no que as apariencias son todo, e no que os triunfadores e os que teñen millons de seguidores nos medios de comunicación e nas redes sociais parecen ser felices, lendo o primeiro libro de Samuel aprendemos que a verdadeira vida é moi diferente. Trátase de disfrutar co noso Creador e con todo o que Él nos da. Trátase de saber que somos amados por El sen importar as apariencias. Trátase de coñecer que só cando vivimos con El sabemos quen somos.

Te puede interesar