Opinión

As cartas de Xoán

“Meu amigo, quen obra ben, vén de Deus. 
Quen obra mal, endexamais viu a Deus” 
(3 Xoán 1:11)

Aterceira carta de Xoán fala dos bos e dos malos exemplos. Aquel a quen foi escrita, Gaio, é un bo exemplo na vida persoal e familiar, pero outro que todos coñecían, Diótrefes, era un fachendoso que só quería impor as súas ideas aos demais, de tal xeito que todos tiñan que seguilo a el. O contraste entre os dous é absoluto; de feito, hoxe mesmo podemos coñecer xente boa, pero tamén encontrarnos con aqueles que pensan que o mundo enteiro xira ao seu redor. 

Cando o apóstolo escribe a súa última carta xa é maior, pero aínda que pasen os anos segue a repetir que a clave na vida é o amor, e que deberíamos viver ese amor extraordinario no seo da familia en primeiro lugar. Non importa se somos fillos, fillas, pais, nais, irmáns, esposos, avós… quen ama e obra ben, vén de Deus. 

Te puede interesar