Opinión

Cando sentimos que afogamos…

“E berraron os fillos de Israel ao Señor, 

e o Señor fixo xurdir un libertador”

(Xuíces 3:9)

Ás veces a nosa vida parece unha “montaña rusa”. As circunstancias son así: vivimos situacións felices e tristes na mesma semana, ou no mesmo día! Outras veces parece ser que nós mesmos eliximos viver dese xeito, porque non temos aprendido a confiar en Deus en todos os momentos.

 O libro dos Xuíces trata diso: o pobo esquecía a Deus cando as cousas ían ben, e oraba e desesperábase cando todo se torcía. Así unha e outra vez. Para min semella ser unha das mellores fotografías da vida de moitas persoas na actualidade: oramos e procuramos a Deus cando o precisamos, para máis tarde esquecelo cando todo vai ben. Cando estamos no límite das nosas forzas ollamos cara o ceo, como moi ben dixo alguén, “ninguén é ateo cando está a morrer”.

No remate da historia vemos como todo o pobo loita entre si destruíndose e facéndose dano, simplemente porque cando rexeitamos a Deus, nada ten sentido. Moito mellor é viver sempre con El, aconteza o que aconteza.

Te puede interesar