Opinión

O colmo da indecisión

“Por canto tempo iredes coxeando cara a un lado e cara o outro?” 

(1 Reis 18:21)


É curioso que a nosa sociedade teña máis posibilidades de descansar que nunca, e vivamos máis cansados que nunca. Unha das razóns máis importantes é que vivimos na indecisión. Non somos quen de tomar boas decisións, así que vivimos dubidando.

No primeiro libro dos Reis atopamos un pobo que vivía ancorado na indecisión. Sabían todo o que Deus tiña feito e o que podería facer, pero non o seguían. O libro comenza coa historia de Salomón, a persoa máis rica, sabia e poderosa do mundo, que rematou a súa vida sen saber quen era nen que facía porque tiña tomado moitas malas decisións, a pesares da súa sabiduría e do seu coñecemento de Deus.

Desgraciadamente moitos seguiron (e siguen) o seu exemplo, sen decidirse, dunha vez por todas, a seguir a Deus dun xeito incondicional. As consecuencias vense na vida diaria: coxear dun lado para o outro sen saber que facer nen onde ir. Cando perdemos de vista o noso Creador, perdémonos por completo.

Te puede interesar