Opinión

Demasiados inimigos

“Non teñas medo, pois hai máis connosco ca con ele” 

(2 Reis 8:16)

“Ábrelle os ollos para que vexa” 

(2 Reis 8:17)

Alguén dixo unha vez: “Os amigos van e veñen, os inimigos multiplícanse”. Aínda que semella ser un pouco pesimista, as veces é unha realidade na nosa vida; a pesares de tentar facer as cousas ben, parece que case todo vai na nosa contra.

No segundo libro dos Reis atopamos a historia do pobo escollido que, por mor do seu orgullo, vivían rodeados de inimigos que lles facían a vida imposible. Mesmo eles mesmos estaban divividos porque non se podían nen ver. Nesa situación desesperada, un profeta (Eliseo) ten que pedirlle a Deus que abra os ollos do seu amigo porque son máis os que están con eles que os inimigos.

Cando parece que non hai saída, temos que falar con Deus e pedirlle que nos abra os ollos. Precisamos mirar cara Él e deixar de fixarnos nas dificultades. A desesperación non existe para alguén que confía en Deus, El non nos abandona nunca.

Te puede interesar