Opinión

Liberados

“A estadía dos israelís en Exipto 

foi de catrocentos trinta anos. 

No mesmo día que se cumpliron, 

saíron de Exipto as multitudes do Señor” 

(Exodo 12:41).


O libro do Éxodo narra a saida do pobo de Israel do Exipto. O pobo xudeu tiña sido esclavizado por máis de catrocentos anos e Deus envía a un libertador, Moisés, para vencer a escravitude dun xeito absolutamente extraordinario, sen necesidade de loitar ou enfrentarse aos seus inimigos, senón confiando no poder de Deus. Cando lemos o que lle sucedeu ao pobo, aprendemos que ese amor de Deus para cada un de nos é a base da nosa seguridade. El fai o posible e o imposibel para rescatarnos do mal e guiar a nosa vida.

Esa é unha das razón polas que o libro vai narrando o día a día do pobo: Deus quere ensinarnos como vivir diante del, pero tamén como comportarnos uns cos outros, coas leis e normas necesarias para viver en libertade; por iso os seus fillos non podemos estar esclavizados por nada nen por ninguén.

Te puede interesar