Opinión

O máis importante

“Murmuradores, ándanse a queixar decote, camiñan seguindo as súas cobizas, os seus labios pronuncian verbas abraiantes, afagan as persoas buscando o propio interese” (Xudas 1:16)

Vivimos nun mundo no que o material é case que sempre o máis importante. “Tanto tes, tanto vales”, din moitos, e o problema é que a gran maioría das persoas viven así. Todo vale con tal de ter máis… pero as consecuencias do materialismo míranse no carácter das persoas, tal como Xudas escrebe. Todos podemos caer nese pozo, se o único que nos interesa é gañar. Cando morreu o multimillonario Rockefeller, preguntáronlle ao seu albacea canto diñeiro deixara. O secretario respondeu “Deixouno todo”. Así mesmo é. Máis vale pensar no que vale a pena, aquilo que ninguén nos pode quitar e que levamos connosco cando morremos porque é eterno. 

Máis vale parar e pensar no que realmente é importante. 

Te puede interesar