Opinión

O mundo dos mortos

Normalmente non pensamos no día da nosa morte. Aínda que teñamos moitos anos, sempre nos parece que ese día está lonxe. De feito, amiudo cremos estar no mundo dos vivos e que un día iremos para o mundo dos mortos, pero iso non é certo. A realidade é que estamos no mundo dos mortos e imos para o dos vivos: Pedro escribindo a súa segunda carta asegura: 

“Hásevos franquear a entrada do Reino eterno do noso Señor e Salvador Xesús Cristo” (2 Pedro 1:11)

Non quere que teñamos ningunha dúbida en canto á vida eterna que Deus nos regala, senón que depende de cada persoa neste mundo crelo ou non. As circunstancias e as situacións difíciles poden seguir aí, pero podemos vivir unha vida extraordinaria se confiamos en Deus. E cada día estamos máis perto desa vida que dura para sempre, da que ninguén pode nin imaxinar o grandioso que será todo o que nos espera. Porque estamos no mundo dos que morren, para chegar un día ao mundo dos vivos. 

Te puede interesar